Friday 17 de May de 2024

Inés Rey: “Lionel Scaloni é un coruñés de Arxentina que nos recorda que aquí, en branco e azul, somos campións do mundo”


O ex xogador do Deportivo e seleccionador de Arxentina emocionou coas súas palabras a unha praza de María Pita chea

O ex xogador do Deportivo e seleccionador de Arxentina, Lionel Scaloni, foi o encargado de dar o pregón destas Festas de María Pita 2023. Fíxoo acompañado pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, que o presentou como “un coruñés de arxentina que nos recorda que aquí, en branco e azul, somos campións do mundo”.

Lionel Scaloni pronunciou un emotivo discurso no que lembrou os seus anos na cidade. “Vir á Coruña e xogar no Deportivo foi a mellor decisión da miña vida. Aquí recibíronme e tratáronme incrible”, dixo Scaloni. A asistencia á praza de María Pita para escoitar ao arxentino foi máxima e non se produciron incidencias. O Concello preparou un dispositivo especial para a lectura do pregón, que incluíu a instalación de dúas pantallas xigantes na fachada do Palacio para seguir a intervención de Lionel Scaloni.

A primeira xornada rematou coa actuación do cantante británico de orixe libanés MIKA, que inaugurou co seu pop o escenario das Noites de María Pita.

Víctor Manuel, segunda actuación das Noites de María Pita

Tras unha intensa xornada inaugural, que contou tamén coa apertura ao público da Feira do Libro, mañá continúan as actuacións das Noites de María Pita. Será a quenda de Víctor Manuel. O histórico cantautor chega á cidade coa súa xira de 75 aniversario ‘La vida en canciones. El escenario lo cura todo’.

Programación Noites de María Pita

2 de agosto, 22.00 horas: Víctor Manuel

3 de agosto, 20.30 horas: Locos Coruña: Seguridad Social, Melon Diesel, Rafa Sánchez, Revolver. Artistas invitados: The Refrescos, Miguel Costas, Tennesse, Guaraná e La Poptelera

4 de agosto, 22.00 horas: Amaia Romero

5 de agosto, 22.00 horas: Vanesa Martín

6 de agosto, 22.00 horas: El Kanka

7 de agosto, 20.00 horas: Rock en familia

8 de agosto, 22.00 horas: Waterboys

13 de agosto, 22.00 horas: Los40 Summer Live: Zzoilo, Leo Rizzi, Marlon, Hilario, Paula Cendejas, Polo Nández, Álvaro de Luna, Nickzzy, Miki Núñez, Charlie USG e Paula Koops.

15 de agosto, 22.00 horas: Xabier Díaz

16 de agosto, 22.00 horas: Umberto Tozzi

20 de agosto, 22.00 horas: Mangüi sempre en nós. Concerto homenaxe-celebración a Manuel Martín “Mangüi” con Os Diplomáticos de Monte-Alto, Antón Reixa, Bieito Romero, Josito Pereiro, Mercedes Peón, Paco Lodeiro, Uxía…